SAMAÍN

Como todos os anos celebramos no cole a festa do Samaín.
Este ano fixemos adornos arrepiantes polos corredores, as portas das aulas, os taboleiros...
Como a proposta desde o PDI da Biblioteca era a temática de Exipto, decidimos facer moitas momias, seres fantásticos, esqueletos, sarcófagos.... todo o que tivese algo que ver coa cultura exipcia. 
Tamén baleiramos cabazas que deixamos ao longo dos pasillos.
Como xa é tradicional no cole, saímos todos ao patio e cantamos e bailamos coa canción de Samaín de Mamá Cabra (incluídas as profes e os profes).Pasámolo fenomenal.
Unhas compañeiras e compañeiros de sexto representaron unha obra de teatro escrita e dirixida por elas mesmas. Era unha obra de "moito medo".




E ademais, como todos os anos houbo un delicioso concurso de postres horripilantes, con premios ao mellor sabor e á mellor presentación.















Comentarios

  1. Vitamin C: How it Works & How to Use It
    Vitamin C: How it titanium glasses frames Works & How to Use titanium bicycle It. Vitamin titanium glasses frames C is one of the most important nutrients titanium trim hair cutter reviews that help our bodies absorb and titanium watch band retain our bodies.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

DÍA DE ROSALÍA

ACTUACIÓN NO COLE. LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS 2.019