Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
O día 24 de Febreiro celebramos no  o aniversario de Rosalía de Castro. Entre todos e todas as nenas fixemos un traballo plástico que agora decora o noso cole. O traballo fixémolo a partir da biografía e os debuxos de Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer. Para ese día tamén preparamos poemas de Rosalía, e cantamos no patio unha canción de Uxía, recollida no seu libro Rosalía Pequeniña. Foi un día moi especial. Estas son algunhas imaxes da decoración e poemas que decoran corredores, entrada e escaleira do cole.

MULLERES E CIENCIA

Imaxe
Clica nesta fotografía de mulleres científicas galegas. Canto sabes sobre elas? Esta é Begoña Vila. Clica na súa foto para saber quen é e o que fai E nesta páxina de La Voz de Galicia hai nomes tamén coñecidos: E un periodista chamado Marcos Pérez Pena decidiu elexir doce mulleres científicas e facer esta publicación: