Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

LETRAS GALEGAS 2.019

Imaxe
Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas Fraguas. Se queredes saber moitas cousas sobre el, picade no seu retrato e poderedes ler a súa biografía, facer actividades... Nós fixemos no cole unha festa para homenaxear a Antonio Fraguas, facendo unha chea de actividades que estamos seguras de que lle farían moitísima ilusión, pois era un home que , ademais de ser profesor, traballaba para que o galego estivera presente no noso día a día, e que non se perdese.  Por este motivo, o día 7 de maio viñeron ao noso cole uns músicos que nos ensinaron cancións das de antes (ademais doutras máis modernas, por suposto). O día 15 de maio recibimos a Héctor Cajaraville, co seu libro Kusuma, gañador do Premio Merlín de Literatura infantil e Xuvenil. Nós lemos o libro durante varios meses, traballando as expresións e vocabulario en galego, para que realmente as Letras Galegas as gocemos durante todo o ano. Tamén lemos moitos  outros libros que

ACTUACIÓN NO COLE. LETRAS GALEGAS

Imaxe
Como dentro duns días celebraremos a festa das LETRAS GALEGAS, adiantámonos un pouquiño e xa empezamos o día 7 de Maio coa primeira festa. Mero Iglesias e Pakolas viñeron ao noso cole, e con eles cantamos un montón de cancións divertidas. Pasámolo moi ben. Cantamos e bailamos..., aínda que o son non sexa espléndido, desfrutamos co Xabarín.