LETRAS GALEGAS 2.019
Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas Fraguas.
Se queredes saber moitas cousas sobre el, picade no seu retrato e poderedes ler a súa biografía, facer actividades...
Se queredes saber moitas cousas sobre el, picade no seu retrato e poderedes ler a súa biografía, facer actividades...
Nós fixemos no cole unha festa para homenaxear a Antonio Fraguas, facendo unha chea de actividades que estamos seguras de que lle farían moitísima ilusión, pois era un home que , ademais de ser profesor, traballaba para que o galego estivera presente no noso día a día, e que non se perdese.
Por este motivo, o día 7 de maio viñeron ao noso cole uns músicos que nos ensinaron cancións das de antes (ademais doutras máis modernas, por suposto).
O día 15 de maio recibimos a Héctor Cajaraville, co seu libro Kusuma, gañador do Premio Merlín de Literatura infantil e Xuvenil. Nós lemos o libro durante varios meses, traballando as expresións e vocabulario en galego, para que realmente as Letras Galegas as gocemos durante todo o ano.
Tamén lemos moitos outros libros que nos fan amar a nosa Lingua, e fixemos os nosos propios relatos, debuxos e poemas para participar na X edición do Concurso que se celebra no cole.
O día 16 démoslle un pouco de forma de Festa e fixemos moitas actividades variadas: os máis pequenos cantaron e bailaron "A saia da Carolina", os medianos leron algúns poemiñas recollidos por Antonio Fraguas, os grandes contáronnos a todos a biografía de Antonio Fraguas, moitos nenos e nenas cantaron e bailaron pezas tradicionais, escribimos relatos e poesías en galego e entregáronse os premios do X Concurso de relato, poesía e debuxo, tamén un grupo de nenos e nenas fixeron unha obra de teatro inventada por eles mesmos e que representaron no cole, e como toda festa en Galicia, acabamos bailando un pasodobre todo o cole no pavillón.
Foi un día moi divertido.
Comentarios
Publicar un comentario