Publicacións

DÍA DA PAZ

Imaxe
Este ano, o día da Paz construímos entre todos os nenos e nenas do cole a "Pirámide da Paz" Cada clase fixemos unha frase que unida coa dos demais compañeiros e compañeiras deu lugar a esta pirámide. Fixemos tamen unha representación de cada un de nós e colocamos a figura que nos representa como un elo dunha cadea, que leva ata a pirámide todos os nosos desexos de PAZ: C Con motivo do día da Paz, decidimos facer nosas algunhas das frases ditas por persoas que recibiron o Premio Nobel da Paz. Fixemos uns traballos que están expostos polos corredores, e tamén gravamos un pequeno vídeo:

SAMAÍN

Imaxe
Como todos os anos celebramos no cole a festa do Samaín. Este ano fixemos adornos arrepiantes polos corredores, as portas das aulas, os taboleiros... Como a proposta desde o PDI da Biblioteca era a temática de Exipto, decidimos facer moitas momias, seres fantásticos, esqueletos, sarcófagos.... todo o que tivese algo que ver coa cultura exipcia.  Tamén baleiramos cabazas que deixamos ao longo dos pasillos. Como xa é tradicional no cole, saímos todos ao patio e cantamos e bailamos coa canción de Samaín de Mamá Cabra (incluídas as profes e os profes). Pasámolo fenomenal.  Contáronnos contos de medo, aquí uhna pequena mostra: Unhas compañeiras e compañeiros de sexto representaron unha obra de teatro escrita e dirixida por elas mesmas. Era unha obra de " moito medo ". E ademais, como todos os anos houbo un delicioso concurso de postres horripilantes, con premios ao mellor sabor e á mellor presentación.