SAMAÍN
Como todos os anos celebramos no cole a festa do Samaín. Este ano fixemos adornos arrepiantes polos corredores, as portas das aulas, os taboleiros... Como a proposta desde o PDI da Biblioteca era a temática de Exipto, decidimos facer moitas momias, seres fantásticos, esqueletos, sarcófagos.... todo o que tivese algo que ver coa cultura exipcia. Tamén baleiramos cabazas que deixamos ao longo dos pasillos. Como xa é tradicional no cole, saímos todos ao patio e cantamos e bailamos coa canción de Samaín de Mamá Cabra (incluídas as profes e os profes). Pasámolo fenomenal. Contáronnos contos de medo, aquí uhna pequena mostra: Unhas compañeiras e compañeiros de sexto representaron unha obra de teatro escrita e dirixida por elas mesmas. Era unha obra de " moito medo ". E ademais, como todos os anos houbo un delicioso concurso de postres horripilantes, con premios ao mellor sabor e á mellor presentación.